THEATRE :

 


Unha adaptación de "Teatro AVRESNO" da obra de Fernando Arrabal "O Triciclo"

 

 

 

 

FERNANDO ARRABAL TERÁN (Melilla, 1932) empeza a súa producción literaria coincidindo coa apertura do franquismo de cara ó sistema capitalista. Existe en Arrabal unha coincidencia de rotura co sistema que se mostra impenetrable e intransformable para o sector social dos marxinados. Coa chegada do capitalismo renace o interese polos movementos de vanguardia, especialmente o surrealismo, que xorde como única resposta visible para o sector marxinal.

Fernando Arrabal escribe "O TRICILO" entre os anos 1952 e 1953, unha época de posguerra na que os vencidos loitan polo dereito á supervivencia. Os protagonistas de "O TRICILO" son personaxes desarraigados, marxinais que se debaten no mundo hostil dun sistema anónimo e opresivo, inintelixible e alienante. Son supervivintes que subsisten na contradicción; rapaces ós que se lles esixe funcionar como adultos nun mundo de adultos, donde os vellos valores non serven e os novos valores non existen.

R E P A R T O


LISIA - Lucía Durán
CLIMANDO - Christian Pena
HOME DA FRAUTA - Daniel A. Rodríguez
MITA - Sara L. Nogueira
HOME DOS BILLETES E GARDA - Sole Costa e Javi García




ADAPTACIÓN: Teatro aVReSNo DIRECCIÓN: Teatro aVReSNo ESCENARIO: Teatro aVReSNo VESTIARIO: Teatro aVReSNo SON E LUCES: Benjamín Martínez